Qué mono es mi niño!!!!

Segundo Maruchi Carballeira son unha guarrona por andar recreando este tipo de imaxes, pero non me digades que o rapaz non o merece.
Preséntovos en sociedade ó home que se pode aproximar dunha forma bastante cercana ó que popularmente se denomina "príncipe azul": David Silva, 19 aniños (camiño dos 20, tampouco son tan asalta cunas!), xogador de fútbol de primeira división e canario para máis datos. A verdade é que con exemplares así, non é estaño que ás Canarias lle chamen as Illas Afortunadas.


Á esquerda destas liñas podedes observar ó rapaz na súa máis absoluta felicidade (un gol fai milagros, disque).
Na primeira fotografía obsérvase tamén como os tocamentos estraños no fútbol non só son habituais, senón que tamén xeneran (polo menos en min) certa envidia: xa me gustaría a min amarrarme ben amarrada ó cuiño do Oubiña (número 4, para máis información). Pero falando de cús, que me dicides do de Silviña, respingón e ben formadiño, así calquera.
Pois eso, que se atopades un destes pola rúa, dádelle o meu número de teléfono, agradecereino toda a vida.